NORABOA EQUIPO!

Orgullosos do noso equipo de LIGA FEMININA 2 que conseguiu acada-lo obxectivo da permanencia, fixado a principio da tempada, a base de traballo e esforzo. O EQUIPO máis novo da categoría capitaneado con maestría polo seu adestrador Antonio “Chiqui” Barros, coa axuda de Jesús Montero, Jorge Varela e Vero González; foi quen de ser o faro que alumea o noso camiño, o noso proxecto de baloncesto feminino para Santiago de Compostela, para Galicia.

Parabéns a todas; desfrutar do último encontro na casa na compaña dun público que este ano vos animou desde a casa e está desexando voltar á grada do Instituto a vibrar con vos. Gracias a Institucións, patrocinadores e colaboradores. Empezamos a traballar XA para voltar o ano que ven a disfrutar de basket de calidade en Compostela.

 #VamosRosa #LF2

INSTITUTO ROSALIA FEDESA
hace 6 meses